O CEIP do Pindo, exemplo da vangarda do ensino rural, celebra a súa Xornada de Portas Abertas para novas familias

Chega o mes de febreiro e con el moitos centros do noso rural abren as portas para atraer a esas familias que teñen que dicidir onde escolarizar ás súas crianzas de 2-3 anos. Unha boa ocasión, en calquera caso, para demostrar a calidade educativa do ensino no rural, e as magníficas comunidades educativas que se crean arredor dos nosos pequenos colexios.
Temos numerosos exemplos de ensino de vangarda na nosa comarca, e un deles é o CEIP O Pindo, unha escola “amiga da natureza e o deporte”, que ten xornada única, transporte escolar, extraescolares, pero que ademais o seu tamaño permite unha ensinanza individualizada, moi centrada tamén na atención á diversidade, e unha aprendizaxe activa e significativa.
Durante a xornada de portas abertas, que se celebrará o luns 10 de febreiro de 16:30h a 17:30 e o martes 11 de 11:30h a 12:30h, terás a opción de entrar pola mañá e ver en vivo como funciona o cole por dentro.