Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bota a andar o programa Trekker Monte Pindo cunha reunión para fixar as datas do mapeado

Bota a andar o programa Trekker Monte Pindo cunha reunión para fixar as datas do mapeado
trekker-monte-pindo Os voluntarios mapearán as distintas rutas do Monte Pindo Este sábado, 14 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar no salón de actos do concello de Carnota unha reunión á que están convocados todos os voluntarios e voluntarias que desexen colaborar co programa Trekker Monte Pindo. Este traballo nace froito da colaboración entre Google e a entidade Monte Pindo Parque Natural a través do cal se cargarán en Google Maps e en Google Earth as distintas rutas deste espazo natural. Na reunión fixarase o calendario para o mapeo físico das rutas que previsiblemente se desenvolverá ao longo do mes de abril. Unha vez fixada, enviaraselle a proposta a Google para a súa aprobación e logo terá lugar a sinatura do acordo de colaboración no cal se concretarán todos os aspectos legais da iniciativa que se espera que estea dispoñible ao longo do presente ano. Desta forma, millóns de persoas poderán acceder a través da rede a calquera punto do Monte Pindo e da súa contorna. Actualmente, unha ducia de voluntarios e voluntarias xa están inscritos do programa Trekker Monte Pindo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios