O Buque da Armada e o labor heroico do pobo “Moi Humanitario” de Carnota
Esta mesma tarde de martes 25 de febreiro a veciñanza pode visitar o buque Multipropósito “Carnota” no porto de Brens (de 15.30 a 18 horas).
Pero antes tocoulle á cativada dos colexios de Carnota e O Pindo e do IES Lamas de Castelo, e tamén á comitiva institucional coñecer esta espectacular embarcación. Comandada pola subdelegada do Goberno María Rivas, e coa presenza do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido “Moma”; o alcalde de Dumbría, Raúl González, o alcalde de Corcubión Francisco Xabier Domínguez Traba “Drok”, e a rexedora ceese Margarita Lamela, a delegación mergullouse no interior do buque acompadas de representantes da Armada, das Forzas e Corpos de Seguridade e dous dos supervivintes do afundimento do Ariete o 25 de febreiro de 1966,.
Porque o gran protagonista da xornada foi o pobo Humanitario, como loce no escudo municipal, de Carnota, xa que a xornada serviu para lembrar o 59º aniversario do afundimento do Ariete en fronte da localicde carnotá. A labor heroica realizada pola veciñanza da vila conseguía rescatar tripulantes do ‘Ariete’, aos que lograron sacar con vida do mar no medio dun forte temporal. “Uns feitos que marcaron para sempre a historia de Carnota, que dende entón conta co título de “Moi Humanitaria”, lembrou Rivas.
O alcalde de Carnota aproveitou a ocasión para entregar ao comandante Fernando Mariño una imaxe da Virxe dos Remedios para
levar no buque A61 Carnota como símbolo de protección. Tamén obsequiou a Francisco Vilabrille, quen ideou este homenaxe no seu
día, cunha peza de cerámica de Carnota.
O comandante Mariño tamén fixo entrega dunha placa co escudo do buque A61 Carnota con motivo desta primeira visita.
”O Carnota”
O A61 ‘Carnota’ é un buque multipropósito que desempeña misións de remolque, vixilancia marítima, transporte loxístico e apoio a outras unidades navais. Debe o seu nome a unha iniciativa presentada en 2021 por un veciño de Carnota, Francisco Vilabrille, e membro da Policía Nacional apoiada polo Concello da localidade e a Subdelegación do Goberno para render homenaxe á valentía da poboación nas labores do destrutor ‘Ariete’.
Tamén é o primeiro buque da serie A60, que recibe igualmente o nome de ‘Carnota’, e da que forma parte tamén o A62 ‘Cartaxena’, aos que está previsto que se sumen nun futuro outras dúas unidades.