“Carnota” será o nome do novo buque da Armada Española

Foi en 2021 cando o Concello de Carnota, a través dunha inciativa de Francisco Vilabrille Caamaño, veciño carnotán e membro do Corpo Nacional de Policía, e apoiada por colectivos e asociacións do municipio como as confrarías de pescadores de Lira e do Pindo, mandáballe un escito á Armada Española pedíndlle que oo futuro BAMIS (Buque de Acción Marítima Intervención Subacuática) se chamase “Ariete Carnota”.
Unha petición para homenear o heroico rescate que a veciñanza de Carnota realizou na praia de Ardeleiro (Lira) en febreiro de 1966, salvando a totalidade da tripulación, 168 vidas, do Destrutor D-36 “Ariete”, como nos contou Jesús Bernal. Unha historia que lle permite ao Concello de Carnota lucir o título de “Moi Humanitario”, mesmo no seu escudo oficial.
Se ben a Armada comunicaba que xa tiñan previsto o nome “Poseidón”, sinalando que terían en conta “o valor e a xenerosidade dos veciños de Carnota, que arriscaron as súas vidas sen ningún tipo de miramento” para futuras incorporacións.
Foi o pasado 20 de setembro cando o Concello de Carnota recibía unha notificación, por parte da Armada Española na que se informaba da incorporación prevista dun novo buque con base en Ferrol, así como a autorización para que levara por nome “Carnota”, poboación á que estará unido dende o mesmo momento en que entre en servizo na Armada.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: Propoñen “Ariete Carnota” de nome para o futuro Buque de Acción Marítima de Intervención Subacuática.
- Vicente Jesús Bernal Tortosa: A última singradura da Fragata Ariete D-36.
- Carnota, un concello Moi Humanitario .