Venres. 29.03.2024
El tiempo

Propoñen “Ariete Carnota” de nome para o futuro Buque de Acción Marítima de Intervención Subacuática

Carnota lembra o Ariete
O alcalde de Carnota e o Francisco Vilabrille Caamaño, no monolito que lembra a historia do Ariete na costa liracha
Propoñen “Ariete Carnota” de nome para o futuro Buque de Acción Marítima de Intervención Subacuática

A última singradura da Fragata Ariete D-36 está moi ligada a Carnota. Foi un 25 de febreiro de 1966, cando o destrutor da Armada Española “Ariete” D-36 da embarrancou na costa de Lira. Ao seu rescate acodiron ducias de veciñ@s, arriscaron as súas vidas para salvar as da totalidade da dotación do destrutor, 168 vidas, cos escasos medios dos que dispoñían. En recoñecemento ao seu valor e ao servizo prestado, concedéuselle ao Concello de Carnota o título de “Moi Humanitario”, honra que segue hoxe vixente no seu escudo.

En lembranza desa historia, e coñecendo a inminente construción dun barco en Porto Real (Cádiz), o Concello de Carnota vén de propoñerlle á Armada Española o nome de "Ariete Carnota" para o futuro Buque de Acción Marítima de Intervención Subacuática, (BAM-IS). O buque terá como principal misión o salvamento e rescate de submarinos, a realización operacións de intervención submarina e que poderá ademais asumir labores de apoio a operacións navais, de intervención en accidentes no mar e a vixilancia e monitorización do patrimonio subacuático.

A iniciativa xurde dun veciño de Carnota, Francisco Vilabrille Caamaño, membro do Corpo Nacional de Policía, e apoiada por colectivos e asociacións do Concello como as Confrarías de Pescadores de Lira e do Pindo, a asociación de empresarios e da hostalaría de Carnota.

Novas relacionadas

Comentarios