![Tino Gonzalez candidato do PP de Carnota-Foto-Rafa Quintans]()
Tino González, natural de Pedrafigueira candidato do PP de Carnota-Foto-Rafa Quintáns
Queda pouco para os comicios do 26 de maio de 2019. E os partidos van tomando posicións.
Así o fan en Carnota, onde despois da
confirmación de Tino González como candidato do PP, esta fin de semana presentábase o candidato do BNG, mentres o PSOE aproveitaba para anunciar
o relevo de Suso Campos.
Milucho Louro e José Manuel Rama Saborido, competirán por unha alcaldía que deixa Ramón Noceda despois de 8 anos de goberno nacionalista.
Un liracho no PSdG
![Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como "Moma", é o candidato do PSdG de Carnota para as eleccións 2019]()
Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como "Moma", é o candidato do PSdG de Carnota para as eleccións 2019
Juan Manuel Saborido Rama, coñecido como “
Moma”, foi finalmente convencido por Suso Campos para pelexar pola alcaldía carnotá. Moma, natural de Lira e traballador de Prodemar, xa foi a súa man dereita cando formaron parte do goberno entre 2011 e 2015, e agora aspira a alzarse como primiero alcalde socialista da historia de Carnota
Un de Lariño polo BNG
![MIlucho Louro con Ana Ponton]()
Moncho Noceda, Ana Pontón, Milucho Louro e Xosé Manuel García, ex alcalde carnotán do BNG
Xa o actual alcalde, Ramón Noceda, avisara hai tempo que esta ía ser a súa última lexislatura. Despois de 16 anos de goberno (dúas lexislaturas entre 1983 e 1987 e estas dúas dende 2011 a 2019) Noceda deixa paso a
Milucho Louro, un home de mar que pretende revalidar a alcaldía.
Era presentado este pasado venres, coa presencia da voceira nacional Ana Pontón, como “a garantía para continuar co traballo transformador” iniciado polo BNG no concello.
Pontón aproveitou para salintar o traballo (destacando o proceso de saneamento económico) de Noceda, e asegurou que Louro é “unha aposta segura” e unha “garantía de transparencia e rigor”.
Louro asume o reto con “grande responsabilidade”, e afronta unha liña de “continuidade para sanear as contas e innovación” para “frear o declive demográfico” a través da ”ilusión”.
![Cheo no Salon de Plenos do Concello para a presentacion de Milucho Louro como candidato do BNG 2]()
Cheo no Salon de Plenos do Concello para a presentacion de Milucho Louro como candidato do BNG
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/
https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/
https://quepasanacosta.gal/suso-campos-non-podera-ser-o-candidato-do-psdg-en-carnota/
https://quepasanacosta.gal/milucho-louro-candidato-do-bng-para-relevar-a-moncho-noceda-na-alcaldia-de-carnota/