Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota acollerá a creación da Asociación de Defensa dos Dereitos dos pacientes da Costa da Morte

Carnota acollerá a creación da Asociación de Defensa dos Dereitos dos pacientes da Costa da Morte

O vindeiro mércores 2 de Agosto no Salón de Plenos do Concello, as 12 horas mañá, tera lugar unha convocatoria a todos/as os veciños e veciñas de Carnota e bisbarra a efectos de sondear a posibilidade de creación dunha Asociación de defensa dos dereitos dos pacientes e os seus familiares, no ámbito territorial da Costa da Morte.

Preténdese a unión de forzas a efectos de ter máis peso nas reinvindicacións e a defensa dos dereitos dos pacientes. Así mesmo preténdese canalizar as inquietudes dos usuarios e usuarias dos servizos da sanidade e sumar as forzas do sector, e canalizalas os organismos e institucións publicas, tanto aos efectos de sumar forzas coma de financiación das acción que poidan xurdir dende a futura asociación.

A idea xurde de vivencias persoais debido o paulatino deterioro dos servizos sanitarios públicos como consecuencia da alarmante carencia de medios humanos e materiais produto das políticas públicas de recorte do gasto e o padecemento da asistencia precaria e a saturación dos servizos sanitarios.

Como obxectivos teñen poñer fin ao silencio dos pacientes e usuarios da área da Costa da Morte e desempeñar un papel activo que a lexislación nos recoñece como destinatarios dos servizos sanitarios, e defender os dereitos como pacientes ante a degradación da calidade do sistema público de saúde e a pretensión de lexitimar a súa privatización. Ademáis preténdese a defensa de dereitos o conxunto de pacientes e usuarios tanto a nivel individual como colectivo e colaborar estreitamente cos profesionais sanitarios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios