Carnota bótase ao Cine ao Aire Libre

09:50 01/07/20
Este verán, unha das actividades culturais do Concello de Carnota será un programa de cine ao aire libre. Os Xoves de Cine comezan o vindeiro 9 de xullo, con “O que arde”, e haberá 5 proxeccións ata o 27 de agosto, pasando polas parroquias.