Carnota prepara un Curso de Monitor de Tempo Libre para outubro
11:07 21/08/19
20 inscritos buscan en Carnota para un novo Curso de Monitor de Tempo Libre. Un curso que custa 250€ (os empadroados en Carnota pagarán 225), e que será impartido por FESAN no salón de actos do Concello.
Son 200 horas teóricas e 150 práticas, e desenvolveráse sábados (mañá e tarde) e domingos (mañá) durante os meses de outubro, novembro e decembro.
A maiores do título de Monitor de Tempo Libre conséguese o de Manipulador de Alimentos.
Hai que anotarse no Concello de Carnota, Cultura e Deportes ou no 647 459 445 ou en [email protected].