Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carnota revive o seu comercio e hostalería a través das redes

Plan Revive Carnota
Carnota revive o seu comercio e hostalería a través das redes

O Plan Carnota Revive xa está en marcha. O Concello, a través do seu ADL Manuel González, vén de elaborar un plan de acción para axudar a superar esta crise provocada polo coronavirus ao sector comercial e empresarial. Un Plan que pretende ofrecer alternativas e canles para a súa promoción e revitalización, formulado despois de diversas reunións coa Asociación de Empresarios e Profesionais de Carnota, para ir conseguindo unha normalidade comercial.

A primeira fase do plan inclúe a creacuón dun Taboleiro Virtual a través da web municipal www.carnota.gal, onde se recollerán os establecementos e os seus horarios, a súa adaptación aos requirimentos da desescalada, referencias aos seus sistemas de venda a distancia, ben a través de pedidos online, teléfono o whatsapp, así como calquera información que poida ser de interese.

Ademais,a web e as redes sociais municipais teñen que converterse nun espazo de encontro do comercio e da hostalería coa veciñanza, de forma que emprendedores, comerciantes e hostaleiros, en primeira persoa, reflictan nos espazos dixitais municipais as iniciativas, promocións e o día a día dos seus negocios. Para iso crearase un Escaparate Virtual para o tecido comercial e produtivo de Carnota, ofrecendo un espazo propio para cada negocio na web municipal e posibilitando a súa difusión a través das redes sociais.
A proposta é ir achegando aos emprendedores ás redes en todos os formatos (audio, vídeo, foto…)

Tende toda a información para sumarse á campaña Revive Carnota no banner da páxina www.carnota.gal.

Comentarios