Carnota xa arrecende a Nadal


Remata novembro para comezar o mes da ilusión, o mes dos nenos. E diso faise eco o Concello de Carnota que xa está a argallar unha programación para as vacacións de Nadal chea de eventos lúdicos culturais para eses días.
De feito, os escolares de primaria do concello xa están traballando dende os seus colexios no mítico Concurso de Postais, que xa vai pola súa VII edición. De todas as postais presentadas, 6 (dúas por cada ciclo) serán as escollidas como finalistas polo xurado, e unha delas, só unha, será a elixida para felicitar a toda a poboación de Carnota o Nadal, será a postal oficial do Concello , que chegará a todos os veciños a través da páxina web www.concellodecarnota.com.
s rapaces/as teñen ata o día 10 de decembro de prazo para entregalas na Consistorial, e o martes 17 será no salón de plenos onde se faga a entrega de premios aos seis finalistas e o sorteo de varios agasallos entre todos os participantes.
A partires desa data comezarán as actividades de Nadal co Concerto da Escola de Música, Obradoiros de decoración de nadal, Festa infantil con Papá Noel, Contacontos, Películas, Maxia, etc … tres semanas cheas de ilusión, onde os nenos/as (e non tan nenos) de Carnota, gozarán das súas benmerecidas vacacións.
En breve, a programación farase oficial con datas e horarios, e cada escolar recibirá unha carta nos seus centros de estudios.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).