Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Case 300 rapaces arrincan o curso nas Escolas de Música de Cee e Carnota

Case 300 rapaces arrincan o curso nas Escolas de Música de Cee e Carnota
Mestres-da-Escola-de-Musica-de-Carnota Mestres da Escola de Música de Carnota Empeza un ano máis o curso escolar nas Escolas Municipais de Música de Carnota e Cee, con marcas espectaculares de alumnos. Teñen reunión esta semana os alumnos (por agora hai matriculados sobre 145 alumnos desde os 5 anos en adiante, pero aínda está aberto o prazo) e os mestres da Escola de Música de Ceepara a elección de horarios instrumentais. O martes 29 de setembro toca, ás 18:30h, cita para os que queiran aprender percusión, saxofón e guitarra. O mércores, á mesma hora, vento metal e clarinete. O xoves 1 de outubro, acordeón, piano e violín. Xa o sábado 3 de outubro, ás 11:30h, reuniranse os estudantes de frauta, e para o luns 5 de outubro, día de comezo das clases colectivas, terán a primeira sesión tamén os de gaita para concretar o horario.

Comeza o curso na ESMU de Carnota

O curso arrancará o vindeiro luns 1 de outubro nas instalacións do CEIP do Pindo, con clases todas as tardes de luns a venres. Coas matrículas pechadas, a Escola de Música de Carnota formará a nada menos que 121 alumnos inscritos. A mellor cifra dende que están nas instalacións do Pindo. ”Se algo funciona, por que cambialo?” Así pensan na activa Escola carnotá, que mantén o grupo de mestres dos últimos anos. Falamos de Castor Montes (guitarra e baixo), Carlos González (batería, percusión e combos), Moncho Domínguez (gaita, pandeireta, percusión tradicional e coral polifónica), Pilar García (que se incorporou o ano pasado cunha excelente acollida, Iniciación musical, linguaxe, canto, orquesta infantil e coro) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe e piano). A reunión cos pais e alumnos para a repartición dos horarios e a resolución das dúbidas será o vindeiro luns 28 de setembro no salón de actos do Concello de Carnota ás 19:30 h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios