Recunchos da Costa: Monte Pindo
Seguimos completando, con lugares básicos, o noso mapa dos Recunchos da Costa. E facémolo hoxe cun dos espazos máis simbólicos de toda a comarca: O Monte Pindo.
O coñecido como Olimpo Celta, gracias a Otero Pedrayo, en realidade ten unha ducia de Recunchos na súa superficie. É un macizo granítico, que se alza no lado carnotán do río Xallas, vixiando a desembocadura na fervenza do Ézaro. O seu cumio, A Moa, ten 627 metros de altura, erguidos dende o mesmo Atlántico, é un dos miradoiros máis fermosos da contorna, dende onde se pode ver, polo sur a praia de Carnota e Lira, pero tamén ata Corrubedo; e polo norte, co Ézaro en primeiro plano, a fermosa silueta do monte Facho de Fisterra.
Ás súas faldas medran aldeas marabillosas como o propio lugar do Pindo, Quilmas, A Curra, San Cibrán, Vadebois, Panchés, Caldebarcos… cada unha cunha agradable visita, tamén.
Como explican dende o Centro de Interpretación do Monte Pindo (CIR), situado no ézaro, para subir ao cumio tes principalmente dúas rutas: dende a Igrexa do Pindo e dende o Fieiro (en Mazaricos, unha subida máis doada pola parte de atrás do monte).
Polo camiño atoparás espazos singulares como a Cova da Xoana, o pico de Peñafiel, o Castelo do Pedrullo, a Orelluda, o Chan das Lamas, o Chan de Lourenzo, o Xigante… innumerables formacións rochosas que forman parte das innumerables lendas e historias que xera este máxico monte.
Porque o Olimpo Celta é un espazo cheo de historia, con moitas cousas que contar dende a Raíña Lupa ata o Franquismo.
Invitámosvos a mergullarvos na Serie Espazos da Memoria, que axuda a entender as historias dos fuxidos no monte durante o franquismo, a través da visita a varias covas que foron habitadas, e de numerosos relatos.
Como tamén vos invitamos a pasar pola serie Patrimonio Pindexo, cos artigos de Modesto García Quintáns, un grandísimo coñecedor de cada recanto do Monte.
SERIE MONTE PINDO ESPAZOS DA MEMORIA
- Pepe do Fieiro, entre historia e lenda.
- Látigo, as malleiras do Pindo.
- O Marrolas e o Falso Marrolas.
- A historia do As de Sel.
- “Onde se agochaban os fuxidos cando eran sorprendidos nas súas casas”.
- Medo ou compromiso.
- "Omesomonte": Como se comunicaban os fuxidos coas súas familias.
- As covas dos fuxidos.
- O tráiler.
Patrimonio Pindexo, con Modesto García Quintáns
- A Casa da Pedra do Ézaro
- A Ruta do Cadoiro.
- A Cova do Rego do Crego
- Roteiros do Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- A toponimia do Monte do Pindo.
- O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- A Furna do Río do Barco.
- https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carnota/o-modesto-patrimonio-fonte-mateo-e-a-cova-dos-morcegos-no-monte-do-pindo/20171202092653086394.html>Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- A Cova da Pendente do Monte do Pindo.
- Os muíños do Monte do Pindo.