A comunidade escolar de Carnota volve concentrarse este venres contra os recortes
08 de outubro de 2024 (08:37 h.)
- Ester Vázquez Freire: Moldeando o futuro
Despois das masivas concentracións no Pindo e en Cee, desta volta é a comunidade escolar de Carnota a que convoca unha nova protesta común contra os recortes.
A cita é este venres 11 de outubro ás 17:00h na Praza da Pedra de Carnota, esixindo a chegada do Mestre de Infantil e a compensación das horas que a Consellería recortou ao profesorado, que tanto impacto negativo está tendo nos centros.
“Fartos de silencio, fagamos ruído”, alentan as familias.