Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo
19:13 19/10/15
Cumio na Moa polo 5º Aniversario do Monte Pindo Parque Natural-Foto-Santi Llecha
Emotiva e interesantísima foi a celebración do 5º aniversario da Asociación Monte Pindo Natural. Despois de ver unha ducia de monumentos galegos tinguidos de verde pola conservación do Olimpo Celta, alá arriaron un nutrido grupo de persoas para desfrutar da Subida á Moa. Esta andaina estivo protagonizada por Pepe do Fieiro, o homenaxeado da tarde, que fixo de guía.
A el queremos nós tamén adicar estas liñas e estes vídeos que lle fixo Santi Llecha. Así que con el vos deixamos, primeiramente lendo unha cantiga da súa autoría na Cova Casa da Xoana, dicindo que aí tiñan os antergos o forno crematorio.
Logo, falou na Tumba da Raínha Lupa, mentres conta a súa historia, e fai saber do achádego da vasilla do século V atopada polo seu pai moi pertiño do lugar.
Aquí, Pepe do Fieiro fala dos "mouros" xunto ao Castelo de San Xurxo ou Pedrullo, dende onde vixiaban o Atlántico.
E traemos tamén este vídeo no Chan das Lamas, no que o presidente da entidade, Xilberto Caamaño fala da antiga lagoa:
Novo roteiro literario polo Pindo
A vindeira cita para subir á Moa é o 24 de outubro con Miro Villar e Xil Caamaño a golpe de verso.Novas relacionadas
- Pepe do Fieiro será homenaxeado no V Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?.
- Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Sen novas dos traballos de recuperación do Monte Pindo dous anos despois
- Máis de setenta aves habitan o Monte Pindo
- Agosto 2015: Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros
- Agosto 2015: Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Marzo 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación Monte Pindo Parque Natural