O Concello de Carnota presenta xa o programa mensual polas Letras Galegas
Carnota é o primeiro concello en anunciar o programa polas Letras Galegas. O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Cultura prepara un completo “Maio, mes das Letras”, un ciclo cun conxunto de propostas para todos os públicos, destinadas a incidir positivamente no prestixio da lingua e a culturagalegas e a reivindicar a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano.
Actividades abertas ao público
Onde nace a lingua| Marta Ortiz
O venres, 8 de maio, ás 17:30 h no salón de actos do Concello de Carnota, comeza cun Espectáculo-obradoiro para a primeira infancia (de 2 a 6 anos), que xorde da colaboración entre a narrador aoral Marta Ortiz e o filólogo Brais Gutiérrez. A proposta bebe da tradición oral galega e mestura narración oral, xogos fonéticos, cantos, trabalinguas e explicación filolóxicas co obxectivo proporcionar recursos e ferramentas para asentar a nosa lingua nas crianzas dunha maneira lúdica. Esta actividade enmárcase no programa Apego, de dinamización lingüística na primeira infancia.
Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31). Prazas limitadas.
A Leira das Primeiras Palabras| Marisa Irimia
O venres, 22 de maio, tamén ás 17:30 h no salón de actos do Concello de Carnota, novo Espectáculo infantil (para crianzas de 1 a 4 anos) de contacontos no marco do programa Apego.
Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31). Prazas limitadas.
Bella e o circo máxico
O venres, 15 de maio, ás 19:00 h Auditorio Municipal (O Viso), sesión de cinema de animación en galego para a cativada, con "Bella e Henry".
Entrada libre, ata completar a capacidade do local.
As alumnas | Culturactiva Producións
O venres, 9 de maio, ás 21:00h, no Auditorio Municipal (O Viso), espectáculo teatral para público mozo e adulto, dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira e protagonizado polas actrices Anabell Gago e Mónica Caamaño, que xira arredor da figura da pedagoga galega María Barbeito e do retroceso que supuxo o franquismo no ámbito da educación, especialmente para as mulleres.
Entrada libre, ata completar a capacidade do local.
Actividades concertadas cos centros de ensino
Ademais, os centros de ensino (dende a Escola Infantil A Galiña Azul de Carnota aos CEIP Plurilingüe de Carnota e o CEIP
Plurilingüe do Pindo e mesmo o IES Lamas de Castelo, vivirán fermosas e divertidas experiencias con Cé Orquestra Pantasma, Sheila Patricia (Xeitosa Producións), Vero Rilo e Luís Iglesias e Avelino González, xentes de primeira orde da escena galega.