Venres. 29.05.2020
El tiempo

Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada

Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada

Continúan descifrando a historia do Olimpo Celta os traballos da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Esta pasada fin de semana, xunto cunha serie de expertos realizaron sendas expedicións que seguen dando os seus froitos mediante importantes descubrimentos. Un deles é o recentemente entrevistado nesta casa Manuel Gago, que vén de facer un extenso traballo de recuperación histórica dende "o corazón do Xigante".

Zona amurallada

Logo dunha serie de prospeccións visuais a pé de campo, semella claro que a Laxe da Moa foi nos séculos V ou VI un recinto severamente fortificado con murallas de mamposteria moi robustas con fina feitura exterior, que o destrozo dos últimos séculos deixou reduciu oa pouco menos que a amoreamentos de pedras aliñados, aínda que se conserva en moi bo estado en certos puntos.

A finalidade desta muralla parece claramente defensiva, e a época da construción, en plenas invasións suevas, asi o confirman pois este puido ser un dos "lugares seguros" onde os nosos ancestros se refuxiarían masivamente en caso de complicacións ou guerras.

Terceiro castelo

Volvendo ao plano estrictamente riguroso e científico, Manuel Gago ten ben documentados e descritos os anacos de muralla que levamos atopados, pero tamén anunciou un descubrimento verdadeiramente revolucionario que a el e os seus compañeiros de andaina corresponde todo o mérito: apareceu un terceiro castelo no Monte Pindo, nunca antes documentado, que se sumaría aos xa descritos de Penafiel e San Xurxo. Este castelo, ao igual que os demais, atópase fóra das murallas do Monte Pindo, e cada un defende cadanseu acceso á Laxe da Moa. Convidámosvos a mergullar neste profuso e fascinante resumo das pesquisas de Manuel Gago, que se divide en tres capítulos: I, II e III.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios