martes. 06.05.2025
El tiempo

Do mar costeiro á mesa madrileña

Do mar costeiro á mesa madrileña
Fresco y del mar en el Mercado de la Buena Vida

Temos unha análise preparada sobre a venda de marisco online na nosa bisbarra. Pero polo medio apareceu un novo proxecto empresarial, que nace nas costa de Lira, en Carnota. Fresco y del mar achega a pesca artesanal ás mesas de toda a península.

De feito, a estrea foi moi boa, pois a entidade participou no “Mercado de la Buena Vida”, en Madrid, que acolleu durante a ponte unha boa selección de produtos ecolóxicos, artesanos e de proximidade.
E que mellor que Fresco y del mar, esta nova iniciativa empresarial de comercialización directa de marisco e peixe capturados de forma artesanal e cuxos principais valores son a pesca xusta e responsable.

Os consumidores madrileños puideron coñecer e encargar marisco e peixe artesanal sostenible e responsable proveniente de Costa da Morte e de Ría de Muros-Noia e elixir o día que lles chegará a casa.

Faremos, en breve, un repaso ás iniciativas online da zona.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios