Fin de semana de accidentes nas estradas costeiras, mesmo cun falecido
Fin de semana fatal nas estradas da Costa da Morte con varios accidentes e mesmo un falecido.
Falece un motorista tras sufrir unha caída de moto en Santa Comba
Un motorista, duns 30 anos, faleceu esta tarde de domingo 25 de outubro tras sufrir unha caída ca moto que manexaba. O accidente tivo lugar no concello coruñés de Santa Comba, no lugar de San Salvador. O CAE 112 Galicia tivo constancia do sinistro grazas á chamada dun particular ao fío das 16:30 horas de hoxe. De seguido, informouse a Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que só puideron confirmar o falecemento da persoa. Ademais, foron informados os membros de Protección Civil de Santa Comba.
Accidente en Carballo
Tamén na tarde dominical, en Carballo, outra caída de moto saldouse co motorista ferido. Circulaba pola estrada que une os lugares de Razo e Baldaio, á altura do lugar das Areas. O 112 Galicia recibiu a alerta minutos antes das 16:00 horas de hoxe e, igualmente, informou ás forzas da orde e Protección Civil.
Novo accidente en Lira
Non quedaron aí as malas novas deste domingo. Xa a última hora da tarde, un accidente na AC-550 na saída cara Lira, en Lira dirección Muros.
Hai feridos.
Accidente sabatino en Torelo, Vimianzo
Aparatodos accidente en Torelo-Foto-Oscar de SoutoAínda o sábado, arredor das 13:00h, un camión saíase da estrada AC-550 á altura de Torelo, Salto, no Concello de Vimianzo, deixando un rego na cuneta dun metro de fondo e 12 metros de longo. Acodía unha patrulla de Protección Civil para socorrer ao condutor, e o camión tivo que ser recollido a poucos metros da ponte e do río.
A Garda Civil tivo que desviar o tráfico na tarde do luns para proceder, cun par de grúas enormes, a retirar o camión.
Novas relacionadas
- 19-10-15: Dúas persoas teñen que ser excarceradas tras un forte accidente no Carrizal.
- 13-10-15: Un accidente deixa 3 feridos en Baíñas.
- 07-10-15: Un accidente deixa unha persoa feridas en Canduas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).