Venres. 19.04.2024
El tiempo

Formoso avalou en Lira a continuidade das piscifactorías

PSOE en Prodemar Lira. 2
Formoso avalou en Lira a continuidade das piscifactorías

Visita do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esta semana a Lira, para defender a continuidade das empresas do sector mar industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego”. Así o dixo durante a visita á planta de Stolt Sea Farm en Lira xunto co alcalde carnotán, o socialista Juan Manuel Saborido.
Unha factoría que “foi pioneira no seu momento, e hoxe é unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”, como lembrou.

Formoso lembrou a aposta dos socialistas galegos por que Galicia xestione a competencia no dominio público marítimo – terrestre pola, dixo, “sensibilidade que se poida ter sobre unha bateeira unha redeira ou unha instalación” sempre será maior dende Galicia que “a que teña un dirixente político dende o Paseo da Castellana”.

Sinalou que esta reclamación “debe concretarse cunha reforma do Estatuto de Autonomía que lle permita a Galicia ter mecanismos que lle permitan ser unha Galicia de futuro”. Esta modificación garantiría “posibilidades e marxe de manobra lexislativa para ter unha lexislación que estea de acordo cos intereses xerais nos sectores produtivos galegos”.

PSOE en Prodemar Lira

Comentarios