Lejarreta, Sastre, Gómez Noya e Iván Raña, primeiras espadas do #GranFondoÉzaro2018


Xa está en marcha o Gran Fondo Ézaro 2018. O 8 de xullo de 2018 "O Muro Agarda", e a Costa da Morte volverá situarse no centro da actualidade deportiva internacional coa celebración desta proba que volverá recibir 1.200 corredores de todo o planeta, unha vez que é a primera edición UCI World Series e única en España). Mañá, 1 de marzo, ábrese o prazo de inscrición, polo que xa podedes ir reservando praza.
Esta mañá de 28 de febreiro tivo a presentación oficial da proba no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Foi, coma sempre, Terio Carrera, a voz encargada de presentar o evento.
Unha das cousas máis intresantes é saber quen son os deportistas invitados. E os nomes dan conta do potencial deste evento:
- O dorsal 1 será Marino Lejarreta.
- O dorsal 2 será o ciclista profesional galego Gustavo César Veloso.
- O dorsal 3 será o o ciclista profesional galego Álex Márquez.
- O dorsal 500 será Iván Raña.
- O dorsal 1000 será Javi Gómez Noya.
- O dorsal 1500 será Carlos Sastre que hai 10 anos quedaba gañador do Tour de Francia.
Non faltarán personalidades coo David Amor, que estivo na presentación, X.A. Touriñán e Fede Pérez Rey (que fieron un novo vídeo para escachar ca risa) ou Fran Hermida.
A proba volverá ter no Ézaro (Dumbría) o seu epicentro, con esas rampas do 30% do Formigón como gran reclamo, pero a proba tamén pasará por Muxía, Muros, Cee, Carnota e Mazaricos. Ezequiel Mosquera, organizador da proba, quixo agradecer a colaboración de todas as entidades que fan posible o evento.
https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1997040966990954/?t=1508Novas relacionadas
- Fitur 18: O Gran Fondo do Ézaro centra a presentación da Deputación no programa oficial da feira FITUR.
- Setembro 17: O Gran Fondo Ézaro, única proba española na Gran Fondo World Series:
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Marzo 2017: Álex Zülle e Serafín Zubiri, os primeiros grandes nomes dun Gran Fondo Ézaro que buscará chegar aos 1.500 ciclistas.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Maio 2016: Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Máis novas
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo 2016: O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- 2015: “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).