![Ademais dos medios humáns, na búsqueda empréganse drons e unha unidade de cans de rescate. Imaxe: Axega]()
Ademais dos medios humáns, na búsqueda empréganse drons e unha unidade de cans de rescate
Un amplo dispositivo formado por
máis de 80 voluntarios e voluntarias da Carnota e alredores, unha boa parte dos equipos de
Protección Civil da Costa da Morte e
axentes da Garda Civil e da Policía Local participan na búsqueda de Paulino Fiuza - máis coñecido como Lino do Corbeiro - desaparecido o pasado venres.
"Hoxe non tivemos ningunha nova e precisamente estamos coordinando os equipos e as rutas para reanudar a búsqueda mañá en canto amaneza" informa Ramón Noceda, alcalde de Carnota.
Por primeira vez nestes casos, a Axencia Galega de Emerxencias participa na búsqueda do veciño de Carnota de 75 anos con drons. Estes robots chegan ata zonas inaccesibles e levan incorporada unha cámara e un detector de calor. Ademais, unha unidade de cans de rescate participan no operativo.
![Busca con drones en Carnota]()
Buscando con drones en Carnota-Foto-AXEGA
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Axega