Xoves. 28.03.2024
El tiempo

"Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis"

"Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis"
As imaxes de Marcos Rodriguez Finalistas da World Photographic Cup 2016

O ano pasado xa levou a medalla de Prata, pero quere máis. Este carballés afincado en Cee segue levando o nome da Costa da morte polo mundo a través das súas fotografías. E volve ser escollido para participar polo equipo español en dúas categorías da World Photographic Cupa 2016. Si a Copa do Mundo de foto.

Marcos participará polo equipo español con dúas fotos, unha na categoría de Paisaxe, e outra na categoría de Reportaxe, da que foi medalla de prata o ano pasado. En xaneiro saberemos se é Finalista da Copa.

"Repetir a prata conseguida o ano pasado na categoría de Reportaxe antóxase difícil, pero soñar é gratis", recoñece o fotógrafo costeiro, que valora xa todo o que lle está acontencendo na súa carreira. Que pase o que teña que pasar, pero que me quiten o bailao. En todo caso, son moi realista, nin creído nin nada, porque estas cousas son moito cuestión de sorte", recoñece.

As imaxes finalistas son pura esencia da Costa da Morte. A Paisaxe é dos incendios do Monte Pindo do 2013, dende o peirao do Pindo. E a Reportaxe, non pode ser outro que un percebeiro do Roncudo.

Incendio Monte Pindo-Foto finalista da Wordl Photographic Cup 2016 de Marcos Rodriguez Incendio Monte Pindo-Foto finalista da World Photographic Cup 2016 de Marcos Rodriguez Percebeiro do Roncudo-Foto dinalista da World Photographic Cup 2016 de Marcos Rodriguez Percebeiro do Roncudo-Foto Finalista da World Photographic Cup 2016 de Marcos Rodríguez

Entrevista con MR

Con el falaba David Lourido, de Páxina81, nas nosas Bondades da Fala, despois do premio:

 

Un pouco de historia

Marcos comezaba a súa carreira abrindo un estudio en Cee en tempos de crise, aló polo 2010. Un estudio no que a BBC (Bodas, Bautizos e Comunións) daba de comer, pero a Marcos o que lle gustaba era saír a retratar a natureza da salvaxe Costa da Morte. Así afianzaba a súa reputación en todo o país a través das redes sociais, mentres traballaba de reporteiro gráfico para El Ideal Gallego e colaboraba para o dixital Quepasanacosta.

A súa repercusión na rede fixo que La Voz de Galicia o fichase para ser o colaborador fotográfico do sur da Costa da Morte, dando un paso adiante na súa carreira.

Agora, as horas no seu estudio ceense seguen pasando editando milleiros de fotos de BBC, pero tamén da súa benquerida bisbarra.

Parabéns MR.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios