Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Multan dous pesqueiros en Lira por realizar o trasbordo dunha tonelada de sardiña e intentar fuxir da inspección

Patrulla do Servizo Maritimo da Garda Civil
Multan dous pesqueiros en Lira por realizar o trasbordo dunha tonelada de sardiña e intentar fuxir da inspección

Dúas embarcacións, parados preto da costa de Lira, tras abarloars, comezaban a traspasar caixas de sardina desde as bodegas dun cara o outro. Nese momento eran vistos por efectivos do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil, que en colaboración con axentes e embarcación Servizo Gardacostas de Galicia, ordeaban ás embarcacións parar.

Os patróns de ambos pesqueros, tras facer caso omiso do requerimiento dos axentes da Garda Civil para inspeccionar a actividade que estaban realizando, soltaron os amarres e afastáronse de lugar imposibilitando dita inspección.

Tras requirir reiteradamente ao patrón dunha das embarcacións, de 45 anos, para que permitise a actuación inspectora, ordenóuselle poñer rumbo ao porto de Portosín, onde finalmente comprobaron que levaba 2257,2 kg de sardiña e onde, ademais, constataron que a trampilla de desagüe da bodega ao mar estaba atascada pola presenza dunha decena de caixas de devandita especie.

A inspección realizada no mesmo porto ao outro buque, patroneado por unha persoa de 35 anos, verificou que transportaba 1331,7 kg de sardiña, polo que o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil tramitaba varias denuncias por supostas infracciones á Lei 11/2008, de Pesca de Galicia: a ambos pesqueros por realizar transbordo de peixe no mar e sen autorización, e por obstrucción aos labores de inspección; e específicamente a un deles por ter anotados no diario de pesca 1300 kg de sardiña, cando polo menos parte deles procedían do expresado trasbordo. Ademais, o importe obtido por este pola venda dos 1331,7 kg quedou retido a favor da Xunta de Galicia.

Comentarios