Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Mural xacobeo de Nando Lestón reloce en Portocubelo

Presentacion do Mural DugiumArt de Portocubelo-Lira-Carnota
O Mural xacobeo de Nando Lestón reloce en Portocubelo

Un muro convertiuse en arte da man de Nando Lestón. O artista carnotán foi o creador deste impresionante mural creado no dique de Portocubelo (o peirao de Lira, Carnota) da man do Teu Xacobeo.Esta pasada fin de semana tivo lugar a súa presentación oficial se ben xa o coñecíamos dende finais de agosto.

Durante a celebración do acto de presentación o alcalde Juan Manuel Saborido resaltou que con esta iniciativa o que se pretendía era ampliar a oferta cultural e de ocio a través dunha actuación que representara os valores de Carnota e que fose o máis accesible posible.

Nando Leston na Presentacion do Mural DugiumArt de Portocubelo-Lira-Carnota
Nando Lestón na Confraría de Lira durante a explicación

O artista explicou o que representa o mural e o proceso de elaboración do mesmo así como algunha anécdota acontecida durante o proceso. Trátase dun mural que vencella a zona co Camiño de Santiago, recollendo personaxes como a Raíña Lupa, que tantas historias agocha arredor do Monte Pindo, unha versión máis humana do Apóstolo Santiago, ou mesmo Zebedeo, o nome da casa á que pertencía o mesmo Apóstolo.
O mural “DugiumArt” ocupa uns 50 metros de dique, e trata de representar a luz que dá o Camiño alá por onde pasa, e cuia información pode obterse dun código Qr que hai na base do mura e que inclúe unha audioguía.

A presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota, Olga Formoso Beiro, tamén quixo deixar constancia de que dende a asociación valorase positivamente este tipo de iniciativas municipais que amplían a oferta cultural e que en menor ou maior medida repercuten positivamente na economía local.

Mural Carnota

Novas relacionadas

Comentarios