N.E.V.E.R.M.O.R.E de Chévere, premio de Artes Escénicas 2022
Tiña lugar este sábado en Vigo a XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica. Pouca representación costeira entre os finalistas, pero facemos noso o Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas que vén de recibir a compañía Chévere Teatro e Compañía Tanxarina co seu novedoso N.E.V.E.R.M.O.R.E.
Estivemos con eles en Madrid; tamén en Corcubión no proceso creativo e hoxe mesmo están representando esta pioneira peza de “teatro documento”, como salientou o xurado, en Vimianzo.
Destacaron tamén a aposta polo “teatro sociopolítico con grande impacto social”, “a honestidade e sinestésica maneira de recuperar un dos episodios máis negros da nosa historia recente”, “elevando as táboas as historias propias, as de veciños e veciñas”. “A iconografía e mesmo os elementos gardados nas propias caixas negras dos fogares, idea coa que se xoga na proia caixa negra do teatro”.
Resto de premios
- O que fica fóra de Manuel Rivas, Premio de Creación Literaria 2022.
- A figuración galega en Irlanda (1840-1936) de Xavier R. Madriñán, premio de Investigación 2022.
- Atalante, premio de Cine e Artes Audiovisuais 2022.
- Mónica Alonso, premio de Artes Plásticas 2022.
- Ugia Pedreira, premio de Música 2022.
- A Cova de Eirós, premio de Iniciativas Culturais e Científicas 2022.
- Atalante, premio de Cine e Artes Audiovisuais 2022.
- María Varela, premio de Cultura Gastronómica 2022.
- NEVERMORE en Madrid: ”O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Corcubión abre a caixa negra da memoria do Prestige.