Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muxía

“O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”

Ata Madrid, ao Teatro Valle Inclán, desprazáronse o pasado 21 de setembro a artista e escritora muxiá Viki Rivadulla, e a investigadora e promotora cultural María Bella, dúas das nosas #FirmasQPC.
Foi no marco dunhas charlas que o Centro Dramático Nacional organizou con Chévere, arredor do novo espectáculo da compañía galega: “Nevermore”.

Unha charla para poñer en contexto e explicar como a compañía foise sumerxindo na memoria escénica da catástofe para “utilizar o teatro para reconstruir teatral e artesanalmente o que aconteceu no Prestige”. Foi Xesús Ron, alma do grupo teatral, o que abri o coloquio fiando ademais coa crise do mundo actual 20 anos despois. Un coloquio que abriu Manuel Rivas. O escritor vimiancés fixo de voz, e pensamento, o movemento Nunca Máis, lembrando as dúas caras do suceso: catástrofe ecolóxica de perder o mar; e a marea blanca e a unión dun pobo para saír dunha crise como a que foi. “É unha historia moi importante para Galicia, pero tamén forma parte da memoria do planeta, porque non houbo ningunha mobilización ambientalista en defensa do mar desta dimensión”, sentenciou.

A presencia de Viki foi fundamental para “acentuar a realidade”, porque a ela todo aquelo atravesoulle moito e nótase aínda hoxe nas súas verbas. De feito, recoñeceu que é a primeira vez que fala en público sobre o Prestige, “porque para min é algo altamente doloroso, una ferida aínda aberta que non sei como pechar”. Viki explicou que “para nós non era só o chapapote, ou que se riran de nós… era que se acababa o noso escenairo, a nosa forma de vida, a nosa identidade: o mar. Estababamos convencidos que nunca máis poderíamos volver vivir do mar”, relatou emocionada. “Recuperouse gracias a todas as mans que viñeron e que nunca seremos capaces de agradecer, pero estou convencida de que un punto de inflexión, o momento propicio para acabar coa nosa forma de vida, que agora estamos vivindo. A día de hoxe xa non existe aquela Costa da Morte que había antes do Prestige”, sinalou con rotundidade.
”O mundo do mar, a pesca de baixura está morrendo, e os Fondos Europeos se estan empregando para desguazar barcos, non para lanzar novos barcos ao mar, e para convertir mariñeiros hostaleiros. Que somos??”, preguntábase Viki sen saber moi ben o futuro da súa vila adoptiva.

Viki contou anécdotas de como o alcalde popular de entón, Alberto Blanco, Fraga e Arias Cañete viñan naqueles tempos ca “carteira chea” para comprar as vontades na vila. “Muxía foi un experimento político”, contou, algo ao que Rivas lle puxo nome: “En Muxía montaron un decorado de Aldea potemkiana”.
Recuperou o sorriso Viki cando contou como foron agromando, de xeito espontáneo as “explosións de dignidade “que se acabaron formalizando no Nunca Máis.

María Bella, explicou como comezou a mergullarse na memoria do Prestige á súa chegada á Corcubión e da man de Unha Gran Burla Negra, que a levou a facer accións tan simbólicas como o tapiz de memoria de Fisterra. E contou algunhas das expresións que viviu nas súas entrevistas a veciñ@s ou a eternos vountarios como Sven: “se acabó el mundo”, “el sonido anulado del mar bajo una manta de chapapote”…

Tamén, a raíz dunha pregunta do público, falou da importancia de Man a nivel artístico comarcal.

En definitiva, un fermoso exercicio de recuperar a memoria daquela catástrofe, que nos abre o apetito para disfrutar o novo espectáculo de Chévere.

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla en QPC

Artigos de María Bella en QPC.

“O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”