Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Corcubión abre a caixa negra da memoria do Prestige

NEVERMORE_imaxe
Corcubión abre a caixa negra da memoria do Prestige

Evento único o que se vivirá este domingo 5 de decembro ás 18:00h, na Capela do Pilar de Corcubión. O grupo de teatro Chévere e a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra xúntanse para convidar ao público da Costa da Morte a reencontrarse coa memoria colectiva dunha catástrofe, a do Prestige, e dunha forza cidadá, a do Nunca Máis.

O grupo teatral está de xira por toda España coa súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E., un proxecto moito máis amplo, que tamén pretende xerar unha conciencia cidadá recuperando esa memoria que parece esquecida, malia ter acontecido hai apenas 20 anos.

Xa escoitamos un destes coloquios celebrados en Madrid, pero o de Corcubión seguro que é moito máis impactante, pois a veciñanza poderá compartir vivenzas cos Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Mónica García, Manuel Cortés, Arantza Villar, Borja Fernández, Xesús Ron de Chévere; e con María Bella e Daniel López Abel da AC Unha Gran Burla Negra.

Nevermore en Corcubion

Novas relacionadas

Comentarios