![SINATURA CONVENIO COGAMI- CONCELLO DE CARNOTA]()
No mediodía de onte luns, a Casa do Concello de Carnota acollía unha reunión entre o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, o presidente de ADIBISMUR, Ramón Sestayo, o xerente da Rede Galega de Quioscos, Fernando Magán, o alcalde de Carnota, Ramón Noceda, e a concelleira de Muller e Servizos Sociais, Merche Díaz.
O obxectivo da reunión era a sinatura dun acordo coa finalidade de colaborar en a
ctividades encamiñadas á integración socio-laboral das persoas con discapacidade. O contido do convenio baséase na cesión por catro anos prorrogables dun local na Praza de España da vila carnotá para a
posta en marcha dun quiosco da Rede Galega de Quioscos, Centro Especial de Emprego de Galega de Economía Social do Grupo COGAMI.
O quiosco
xerará emprego para dúas persoas con discapacidade a tempo completo e sumarase aos 40 quioscos que Galega de Economía Social ten espallados por toda a xeografía galega, e que dan emprego a 132 persoas con discapacidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de COGAMI.