O Azulexo toma a palabra


Este venres 3 de xuño ás 12:00h da mañá tendra lugar nas nosas instalacións a entrega de premios do IV Concurso de Azulexo da Costa da Morte. Xa están os murais rematados e entregados. Uns murais que este ano versan sobre os "Xogos populares galegos".
Todo o equipo humano de Suministros Lar quere destacar que o nivel alcanzado este ano polos alumnos é altisimo. Todos os murais, incluídos os de APEM e Aspadex que non entran a concurso, son espectaculares.
E precisamente Tatiana Rodríguez, responsable da empresa, quere facer mención ao excelente traballo que realizaron as asociacións Apem e Aspadex que traballan pola integración dos seus usuarios, e recoñecerlles que o nivel demostrado na execución das súas obras nada envexa ao alcanzado polos institutos.
Se os anteriores anos o propósito do concurso era vendelos murais e donar os cartos precisamente a estas entidades, agora a empresa xa está traballando por conseguir un espazo museístico en Santiago de Compostela para crear unha exposición de murais.
9 centros escolares e dúas asociacións
Participan un total de 9 centros e as asociacións Apem Aspadex. Os IES e as súas obras son:
- IES Maximino Romeu de Lema, Zas: "Xogos coa Fala".
- IES Fernando Branco, Cee: "Ou xogo dous Papaventos".
- Colexio Manuela Rial Mouzo, Cee: "Xogando co pasado".
- IES Terra de Soneira, Vimianzo: "Xogar e crear e ademais popular".
- IES Lama de Castelo, Carnota: "Buxainas na noite".
- IES Agra de Raíces, Cee: "Ou ollo maxico".
- IES Ramon Caamaño, Muxía: "Xogos reunidos".
- IES Profesional, Ponteceso: "Vos xogos esquecidos do vento".
- Ies Praia Barraña, Boiro: "Homo Ludens (ou home que xoga)".
- Apem: "Xogos á tardiña".
- Aspadex: "Xogos populares".
Xurado
O xurado este ano está composto por 4 persoas:
- Nacho Porto, Ceramista, en calidade de presidente.
- Elena Fabeiro. Licenciada en Xeografía, Historia e Arte de Galicia. Xerente da Fundación Centro Galego de Artesania e Deseño.
- Marcial Rodríguez, arquitecto estudo. Desenvolvemento a obra de adecuacion da contorna do Faro de Fisterra, así como o proxecto e construción das Galerías de Sargadelos.
- Manuel Gozalbo, Director da revista "A túa Reforma", centrada no sector do azulexo.
Entregaranse un total de 2400€ en premios.
Novas relacionadas
- O Concurso de Murais de Lar asalta a tele.
- Os alumnos de Aspadex e do IES Fin do Camiño fanse artistas con Lar.
- Lar segue formando pequenos artistas co Concurso de Azulexos.
Máis novas
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- II Concurso de Murais: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
- II Concurso de Murais: O concurso benéfico máis internacional.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Fonte
- Nota de prensa de Suministros Lar da man de Tatiana Rodríguez.