O BNG de Carnota convoca unha nova manifestación polo referendum republicano
A nova do ano convulsionou o país. Ata tal punto que as manifestacións por un referendum que permita ao pobo decidir entre monarquía ou república chegaron á Costa da Morte. Se ben as identificacións de varios manifestantes pola Garda Civil foron desagradables protagonistas, o BNG de Carnota convoca para este sábado 7 de xuño, ás 13:00h ante a Casa do Concello, unha nova concentración.
Unha “concentración que continúe no plano máis próximo á nosa veciñanza coa axitación social iniciada o pasado luns coa renuncia do xefe de estado e máximo representante da coroa monárquica, Juan Carlos, data en que as potentes maquinarias dos poderes fácticos do sistema e os medios de comunicación comezaron a traballar arreo para garantir un traspaso de poderes discreto e incuestionado ao seu terceiro fillo, Felipe, por ser o varón da casa”.
O BNG lamenta que “o PP e o PSOE correran a pechar filas en torno á sucesión, perpetuando asi o modelo profundamente antidemocrático e patriarcal desta monarquía e criticando se cuestione ningún aspecto da mesma e sobre todo a aqueles que esiximos que se permita ao noso pobo pronunciarse polo seu futuro”.
Novas relacionadas
Artigos relacionados
- Louzán: Viva La República!.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).