O Gran Fondo Ézaro xa é de toda a Costa da Morte



Presentaba o pasado venres o Concello de Dumbría o seu impresionante programa deportivo e cultural para os vindeiros 5 meses de verán. Un programa que vén a reincidir na idea de que o deporte de alto nivel se pode convertir nun motor económico a nivel comarcal, non só municipal.
E unha das grandes claves que fixo reaccionar á toda a Costa da Morte é o ciclismo. A chegada do pelotón de La Vuelta ao alto do Ézaro en 2012 cambiou para sempre o destino turístico. A chegada de visitantes para ver a Fervenza, para ver a Costa da Morte, que pernoctan en toda a zona, medra cada ano, gracias, en parte, a esta clase de eventos de índole nacional e internacional. “En 4 anos, dende 2016, o ciclismo provocou unha enorme transformación na comarca”, sentencian con rotundidade.
E precisamente, o ciclismo é un dos puntos fortes deste verán costeiro. Dúas probas convetirán a Costa da Morte no centro da atención mediática deportiva case que mundial durante este verán.
Comarcalizando o Gran Fondo
E con ese ánimo de comarcalizar os eventos e de que compartir o éxitos deportivo-turísticos, o Concello de Dumbría vén de cambiarlle o nome ao Gran Fondo Ézaro. Pasará a chamarse Gan Fondo Ézaro-Costa da Morte, nunha simbiose na que a Costa da Morte saca rédito de cada actividade.
Por ahora xa hai 5 concellos implicados (Muxía, Mazaricos, Carnota, Cee e Muros) e a organización, da man de Ezequiel Mosquera para o Concello dumbries, espera que o resto da zona se implique, e de feito, están traballando para facer unha presentación comarcal do Gran Fondo e de La Vuelta conxuntamente.
A idea naceu tras unha conversa entre Ezequiel Mosquera e Fran Hermida, declarado amante das dúas rodas e habitual da proba dumbriesa. Fran apuntou que para a Costa sería estupendo e para a proba tamén sería positivo aproveitar o simbolismo e a potencia do nome “Costa da Morte”. Mosquera comentoullo ao alcalde, que non o dubidou e animou a levalo adiante, sabendo da simbiose xerada.
Un evento de índole internacional, que o ano pasado xuntaba 1000 ciclistas entre os que estiveron Indurain e Chiapucci e que este ano aposta por chegar aos 1500. “Hai que medir, hai que calibrar a capacidade loxístixa ideal para esta proba para non morrer do éxito”, sinalaba Mosquera. En todo caso, “estamos entre as 5 mellores probas cicloturistas de España”.
Un Mosquera que valora que “o importante non é só ter medios, é ter vontade, e ver a todo o Concello, técnicos, traballadores, veciños… implicadísimos en que todo saia ben”. Mosquera contaba a anédocta dun amigo madrileño que veu a botar unha man para medir os tempos, e veu como unha señoriña de Olveiroa estaba tremendamene involucrada para axudara que a proba saíse ben. “Isto sería impensable nun lugar como Madrid…” marchou pensando o compañeiro.
”Hai moitos concellos de Galicia que teñen unhas condicións tan boas como Dumbría, pero esto ten chegado tan arriba pola vontade do alcalde e de todo o Concello”, sinalou.
Ademais, recordou o coidado que ten a organización cos medios (en clave de promoción turística) e cos participantes: "En ningún sitio os participantes levan para casa as cousas que damos aquí".
La Vuelta
Xa saben como será a etapa de La Vuelta 2016 pola zona. E o que tamén o sabe é Perico Delgado. Un dos ciclistas máis importantes da historia do ciclismo español, e a actual voz do ciclismo televisado, subiu a pasada semana o Alto do Ézaro. De feito, fixo case toda a etapa, facendo primeiro o alto das Paxareiras. E quedou tocado. “A etapa do Ézaro gañou en espectáculo coa subida de Paxareiras, e en competición coa etapa seguinte. Non se vai gañar La Vuelta aquí, porque son a etapa 3 e 4, pero entre a dureza dos portos Paxareiras e Ézaro, e a Capelada do día seguinte pode haber algún susto e pode que alguén perda La Vuelta”, comentou Perico ca lingua de fóra tras rubir o o “Formigón”, a verdadeira costa da morte.
Novas relacionadas
- Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
- 2016: O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta 2016.
- 2016: O Gran Fondo Ézaro presenta a súa candidatura a referente ciclista internacional.
- 2015: A verdadeira costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro.
- 2015: O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- 2015: “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).