O Mirador do Ézaro, protagonista provincial La Vuelta máis épica e estética
Destacaban hoxe os dirixentes políticos durante a presentación de La Vuelta 2016 na Deputación da Coruña, o “importante retorno económico” e a “promoción a nivel mundial” que supón para a provincia un evento deportivo que se retransmite en directo a 190 países. Dumbría xa o ten comprobado, como melloran os datos turísticos tralo paso do pelotón aló por 2012.
A sé da Deputación acollía a presentación das dúas etapas de La Vuelta 2016 que discorrerán por terras coruñesas e que buscan ofrecer aos espectadores “épica e estética”, segundo explicou o responsable da organización deste evento deportivo. O acto contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, o deputado de Vías e Obras e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.
O presidente provincial González Formoso afirmou que a organización de La Vuelta ten xa efectuadas 5.000 reservas de hotel na provincia para os días 22 e 23 de agosto, nos que máis de 2.500 persoas en 500 vehículos acompañarán aos ciclistas nun percorrido que terá como puntos clave o mirador do Ézaro (Dumbría), onde rematará a etapa do luns 22 de agosto; Betanzos e San Andrés de Teixido, saída e meta respectivamente da cuarta etapa que terá lugar o 23 de agosto.
As etapas coruñesas buscan “épica e estética”, afirmou Guillén, que explicou que, ademáis da épica asociada á propia competición deportiva, decidiron que unha etapa rematara de novo no mirador do Ézaro “uno de los finales más duros que podemos encontrar en la historia de La Vuelta”, do que destacou tamén a súa beleza e singularidade como “la única cascada de Europa que desemboca en el mar”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta.
- Setembro 2015: La Vuelta volverá rematar no Alto do Ézaro en 2016.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Da man ata o Mirador do Ézaro.
- Indurain e Chiapucci estrearon a Penelas Bikes, a revolución da bici integral “made in Costa da Morte”.
- Emotiva presentación do Gran Fondo Ézaro, unha proba de primeiro nivel internacional.
- A verdadeira costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro.
- Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais.
Máis novas
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).