Operación Ninja Negro: Dous detidos por 7 roubos por toda a bisbarra vestidos de ninja


Dous veciños da comarca foron detidos polo Equipo Roca da Compañía de Carballo, en colaboración co Posto de Corcubión. M.A.F.F e N.D.C. son acusados de varios delitos de roubo con forza, hurto e estafa. A Garda Civil ata lle puxo nome á actuación policial como “Operación Ninja Negro”, xa que un dos dous varóns disfrazábase de ninja para non ser recoñecido durante as accións.
Entre os delitos que se lle imputan, constan sete roubos con forza, dos que un se produciu nun hotel de Corcubión, outro nunha vivenda de Muros e outra de Pindo, catro igrexas de Lariño, Ponteceso, máis, dúas de Malpica de Bergantiños. Tamén consta un hurto nunha vivenda de Zas e outra de Malpica de Bergantiños. De igual xeito impútaselles por un delito leve de estafa na localidade de Zas.
Modus operandi
Os detidos realizaban previamente un estudo dos lugares onde podían delinquir sen levantar sospeitas, aproveitando a escuridade da noite. Unha vez chegaban aos lugares elixidos fracturaban algunha fiestra ou porta de acceso para acceder ou interior e así poder levarse os obxectos que posteriormente vendían en tendas de segunda man. Cómpre destacar que nalgunha ocasión accederon aos domicilios cos seus moradores durmindo no interior, o cal creou unha notable sensación de inseguridade nas zonas afectadas. Parte dos obxectos recuperados pola Garda Civil , foron recoñecidos polo seu propietarios, o cal relaciona directamente aos detidos cos feitos.Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Outubro 17: Detido un home en busca e captura tras fuxir dun control e provocar un accidente.
- Xuño 17: Detido un carnotán tras sendos roubos en dous bares de Lira.
- Xuño 2017: Detido un condutor sin carné reicidente.
- Maio 2017: Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas.
- Maio 2017: Detido tras atracar un comercio en Cee a punta de coitelo.
- Maio 2017: Detido tras unha estafa online e un intento de roubo fallido en Correos.
- Maio 17: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).