Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Os equipos de Protección Civil reciben novas lanchas de salvamento

Os equipos de Protección Civil reciben novas lanchas de salvamento
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asistiu ao acto de entrega das embarcacións de salvamento O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asistiu ao acto de entrega das embarcacións de salvamento Varios concellos da Costa da Morte recibiron onte sendas embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate para os servizos de Protección Civil que, precisamente a semana pasada, renovaron parte da súa frota de vehículos e remolques. En concreto, o concello de Corcubión recibiu unha embarcación de catro metros de eslora mentras que os de Malpica, Carnota, Muros e Muxía recibiron sendas embarcacións de cinco metros. Os representantes dos munipios achegáronse ata Porto do Son onde recibiron as novas lanchas da man de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta. O acto contou tamén coa participación do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, e do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor. A Xunta de Galicia leva destinados nos últimos meses máis de catro millóns de euros para reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan. En total, entregaron máis de 60 todoterreos, 40 furgóns, máis de medio cento de remolques e máis de 30 esparexedores de sal, entre outro material, ás que se suman as 13 lanchas de salvamento entregadas onte. Novas relacionadas Fonte

Comentarios