Venres. 26.04.2024
El tiempo

Percorremos a Costa da Morte nevada

Percorremos a Costa da Morte nevada

Con menudas estampas brancas amenceu hoxe a Costa da Morte. Non é habitual na zona erguerse e ver o campo nevado. De feito, dende aquel xaneiro de 2010 xa pasamos por moitos temporais, riadas… pero nunca neve. Daquela vimos o cumio do Pindo nevado, paseamos por Dumbría, Zas ou Corme, disfrutando da neve. E hoxe, damos tamén un paseo por Dumbría (esquecendo unha equívoca imaxes daquel 2010), por Santa Comba, por Zas e ata imos á Serra de Outes.

Seguimos en ruta, e percorremos, no quad de Toni Trillo os montes eólicos de Dumbría e Mazaricos.

Neve nos montes de Dumbria e Mazaricos-Foto- Toni Trillo

Seguimos polo interior ata Zas, concrentamente ata a Igrexa de Follente, onde Braulio García cazaba esta instatánea a primeira hora da mañá.

Neve en Follente Zas-Foto- Braulio Garcia

Chegamos ata Santa Comba da man da OMIC para disfrutar unha praza así de inaudita.

Neve en Santa Comba-Foto-Omic Santa Comba

E para rematar a ruta, baixamos ata a Serra de Outes, onde os usuarios do centro de Adisbismur puideron disfrutar dunha xornada distinta.

Neve na Serra de Outes en Valadares-Foto-Adisbismur

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios