A programación infantil protagonista das Letras Galegas de Carnota

O Concello de Carnota, a través do Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Cultura, presenta o programa “Maio, mes das Letras” de 2025. Este ano integran o programa un amplo abano de propostas de dinamización lingüística e cultural para todos os públicos, destinadas a incidir positivamente no prestixio do noso idioma e da nosa cultura, a homenaxear a figura das cantareiras e a revitalizar o seu legado e a literatura popular oral de Galicia.
O programa comeza o venres, 9 de maio. ás 17:30h no salón de actos do Concello coa obra O cuco veu por acá e marchou por alá de Percubebés, un espectáculo musical participativo e pequeno obradoiro de percusión para bebés e familias (de 1 a 4 anos), a cargo de Marcelo Dobode e Bea Martínez. Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31).
O mesmo venres, ás 21:00, e formulado para o ppúblico adulto, espectáculo de narración oral con O que non estaba escrito,
O xoves 15 de maio, os escolares de Carnota recibirán a visita de Axudádeme a cantar, un espectáculo das cantareiras, da Editorial Galaxia, Felisa Segade e Montse Rivera
O venres 16 toca Muiñada, de Galeatro, tamén en horario escolar desta volta para o alumnado de educación infantil e primaria do CEIP de Carnota e o CEIP do Pindo.
O venres 23 de maio continúan as letras tamén nas escolas, desta volta para o alumnado de 0-3 anos da escola EI A Galiña Azul de Carnota, da man de Leo e a música, de Trémola Teatro.
O programa remata o venres, 30 de maio, ás 17:30h con Pelica de Burra, con Vero Rilo e Luís Iglesias, un Espectáculo-obradoiro de narración oral e música para a primeira infancia (familias con crianzas de 0 a 4 anos). Requírese inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981 1063 31).