Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A presentación de "Entre leiras e labores" completou “unha mañá chea de feminismo e sororidade” en Carnota

Inma Doval e Viki Rivadulla
Inma Doval e Viki Rivadulla
A presentación de "Entre leiras e labores" completou “unha mañá chea de feminismo e sororidade” en Carnota

Estaba prevista para realizarse en Corcubión, pero finalmente, as organizadoras decidiron trasladar a presentación do libro "Entre leiras e labores" a Carnota, para apoiar o simbólica homenaxe a Marupe e a acción polo 8M convocada por Sonlilá cos colectivos feministas da comarca.

Viki Rivadulla presentou a Inma Doval, editora e autora deste proxecto colectivo de creadoras galegas. Acompañadas polas asociacións feministas da Costa da Morte (Asoc De Mulleres Feministas Sonlilá, Buserana de Cee, Curandeiras e Círculo feminista de Carballo) compartindo ”unha mañá chea de feminismo e sororidade”.

Non fallaron mulleres importantes da comarca como Susana Seoane, Encarna Otero Cepeda, María Tilve, Soraya Lema, e Violeta Meléndrez, ademais das María Bella e Jessica da libraría Chorima, tamén parte da organización. Todas participaron coa lectura de poemas das autoras que non estaban.

Acto do libro en Carnota

Novas relacionadas

Comentarios