Martes. 15.10.2024
El tiempo

Remataron as obras do centro social en Valadiño

Centro Social do Valadiño Carnota
Remataron as obras do centro social en Valadiño

A veciñanza do concello de Carnota xa goza dun novo espazo de reunión no municipio co remate das obras do centro social de Valadiño, preto de Vilar de Outeiro. As instalacións foron financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña cun orzamento de 84.965,80 euros.

O inmoble, que dá máis usos a unha zona cunha pista polideportiva, é de planta baixa e acolle un espazo polivalente de 31 metros cadrados, unha cociña, un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida e un almacén exterior, onde se gardarán os utensilios da brigada de obras.
Tamén dispón dun porche e unha terraza cuberta con dúas barbacoas con parrilla para uso veciñal. Atendendo a unha boa estratexia bioclimática, a terraza está orientada ao suroeste para dar sombra e resgardar da choiva sen impedir que entren os raios solares na época de frío.

A contorna, que está comunicada pola vía que une Gosende con Arcos, a través da que se accede ao centro, e por unha ruta local de servidume, foi dotada tamén dunha fosa séptica, dado que o lugar non contaba con servicio municipal de saneamento.

Comentarios