Venres. 26.04.2024
El tiempo

Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?

Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?
Vidal Romaní augura un futuro protexido para o Monte Pindo Vidal Romaní augura un futuro protexido para o Monte Pindo A piques de cumprir 5 anos, a Asociación Monte Pindo Parque Natural érguese hoxe cunha moi boa nova. Porque unha das voces máis sinaladas da ciencia galega vén de romper unha lanza pola declaración do Olimpo Celta como Xeoparque. Vidal Romaní, recentemente nomeado membro da Real Academia Galega das Ciencias, aseguraba nunhaentrevista a El Correo Gallego que o macizo costeiro será protexido o vindeiro 2016. Faino, ben é certo, un dos meirandes valedores deste espazo granítico singular, que leva dando conferencias e participando en actos relacionados co Pindo dende hai anos. E faino cunha clarividencia evidente, deixando claro que o único que temos que facer é “evitar que se destrúa con canteiras e minas ou se cubra con cascallos”, porque “o espazo leva aí 350 millóns de anos sen que se tiveran que gastar cartos”. En clave de país, Romaní defende que o Monte Pindo xunto con outros lugares do País coma O Courel, Serra do Xurés, Manzaneda, Cañóns do Sil… conforman un patrimonio xeolóxico suficiente para desenvolver unha nova modalidade de turismo xeolóxico na nosa comunidade.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios