Un buzo mazaricán perde a vida nas augas de Carnota


A pasada mañá de sábado 25 de outubro, un veciño de Mazaricos, de 34 anos, perdía a vida mentres buceaba na zona de Portocubelo, Lira, Carnota.
O helicóptero do 112, Salvamento Marítimo, Urxencias Médicas, o GES de Muros e a Garda Civil acodiron ás 12:00h, á chamada dun veciño, que se atopaba na súa embarcación e descobría a localización dun buzo con síntomas de afogamento. Segundo indicou o alertante, o buzo estaba boca abaixo e non se movía, por iso o recolleu para a súa embarcación e tras practicarlle os primeiros auxilios sen éxito trasladouno ata o Porto de Portocubelo, onde un helicóptero medicalizado o esperaba.
Pese a tódolos intentos, os servizos sanitarios de urxencia só puideron certificar o falecemento da persoa. O Servizo de Gardacostas e Portos de Galicia tamén foron informados polo persoal do Centro de Atención ás Emerxencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).