sábado. 15.02.2025
El tiempo

A veciñanza de Cubelo asfalta as súas rúas

Asfaltado estrada Cubelo-Carnota
A veciñanza de Cubelo asfalta as súas rúas

As rúas do lugar do Cubelo, en Carnota, locen novo asfaltado. Gracias á veciñanza que, despois de solicitar a obra ao Concello (que respondía que era unha obra que non tiñan previsto por agora, porque non é dos espazos máis castigados) decidiron pedir permiso municipal e costear a obra cos cartos conseguidos pola mancomunidade de montes, neste caso uns 12.000 euros.

O Concello deulle o permiso e a veciñanza xa puido estrear o novo aglomerado.

Dende o BNG consideran que esta situación manifesta “a falta de ideas e a improvisación constante do alcalde e o seu goberno lastra as necesidades reais da veciñanza de Carnota”, facendo referencia tamén a unha obra "fallida" no Pindo.
 

Comentarios