Domingo. 06.10.2024
El tiempo

"O xénero das emocións", o programa para empoderar ás mulleres de Carnota

cartel O xénero das emocións Carnota-2 copia
"O xénero das emocións", o programa para empoderar ás mulleres de Carnota

”Fomentar o autocoñecemento, a autoconfianza e o fortalecemento da autoestima”.
”Fortalecer a confianza e o apoderamento das mulleres participantes para ter un impacto positivo e consciente no seu proxecto vital”.
”Comprender como a sociedade patriarcal e a socialización diferencial de xénero cos seus mandatos afecta ás actitudes e comportamentos das mulleres”.
"Xerar un espazo de confianza e expresión entre as mulleres participantes."

Estas son as principais premisas dos novos Obradoiros que artella o Concello de Carnota en clave de igualdade. “O xénero das emocións” é un programa para esas mulleres que cren que non chegan a todo, que ás veces teñen setimento de culpa ou que teñen crenzas negativas ou limitadoras.

Un programa que consta de 9 sesións presenciais durante xullo, agosto e setembro, que espera poder axudar a moitas mulleres carnotás a superar esas barreiras, e conseguir facer que se valoren o que de verdade merecen.

Comentarios