A Xunta destaca os 13 millóns de axudas para as plantas de Stolt Sea Farm

Villaverde vendo os rodaballos de Stolt Sea Farm

Visitou onte  aconselleira do Mar, Marta Villaverde, as instalacións de Stolt Sea Farm en Lira, unha das plantas de referencia internacional na produción de rodaballo e linguado e a cuxa modernización contribuíu o apoio da Xunta a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa).

Alí destacou a aposta da firma pola innovación e o seu papel no desenvolvemento da acuicultura en Galicia.

A conselleira puxo en valor o papel estratéxico desta compañía, tanto polo seu volume produtivo como pola súa eficiencia e a sustentabilidade. Neste contexto, Villaverde afondou no apoio da Administración autonómica ao desenvolvemento do sector, lembrando que a Consellería do Mar concedeu a Stolt Sea Farm, ao abeiro da convocatoria do 2025 do Fempa, unha axuda de máis de 13,2 millóns de euros para a execución de oito proxectos nas súas plantas de Cervo e Vilán (Camariñas).

Máis novas