Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Stolt Sea Farm cumple 50 anos abrindo as portas das súas granxas

stolt-sea-farm-piscifactoria-lira
Imaxe aérea da piscifactoría de Lira
Stolt Sea Farm cumple 50 anos abrindo as portas das súas granxas

A piscifactoría de Lira (Carnota) construíuse en 1999. A do Cabo Vilán (Camariñas) en 2005, ambas sendo as máis grandes do mundo nos seus momentos. Pero a historia da empresa norueguesa Stolt Sea Farm é moito máis longa. A empresa cumple este 2022, 50 anos de vida, e faino celebrando ser “líder do sector”, cunha capacidade de produción anual de 5.700 toneladas de rodaballo e 1.570 toneladas de lenguado..

Este ano intentarán darlle visibilidade aos eixos da cultivación de produtos do mar: sostenibilidad, innovación e compromiso co medio ambiente e as persoas.

Para iso a entidade abre as portas das súas granxas, e de feito xa ten previsto achegar visitas escolares tanto na granxa de Lira como na de Camariñas nas chamadas "Xornadas de portas abertas”.

A piscifactoria de Stolt Sea Farm en pleno Cabo Vilan
Unha visita da comitiva municipal á granxa de Cabo Vilán

Stolt Sea Farm lembra que a súa sede central está Santiago de Compostela e conta con instalacións de produción en España, Portugal, Islandia, Noruega e Francia.

A entidade colabora coa iniciativa solidaria Salvacadelos e utiliza a Costa da Morte nas súas campañas de promoción:

 

Novas relacionadas

Comentarios