mércores. 30.04.2025
El tiempo

A ESMU de Carnota volve recibir o apoio de Stolt Sea Farm

Esmu de Carnota-Stolt Sea Farm
A ESMU de Carnota volve recibir o apoio de Stolt Sea Farm

Recibiu onte a Escola de Música de Carnota a visita dunha comitiva de Stolt Sea Farm. A empresa multinacional con forte asentamento en Lira, xa leva interesándose dende 2021 pola educación musical da vila, e polo funcionamento da famosa ESMU. Abrumados pola incidencia da escola, decidiron apoiar á escola cunha dotación económica anual, continuando o seu compromiso co desenrolo de Carnota en todos os seus ámbitos, neste caso, no eido educativo.

Dende aquela, non deixaron de apoiar á ESMU, asinando un convenio entre Stolt e o Concello de Carnota, onde se comprometen a financiar anualmente parte dos gastos da ESMU. Hoxe mesmo fíxose oficial coa colocación dunha placa na mesma Escola onde o Concello recoñece a achega da empresa, nun evento no que estiveron presentes, por parte de Stolt Sea Farm, Jordi Trías, Carlos Tavares e Javier de Francisco; e por parte do Concello de Carnota, o alcalde, Juan Manuel Saborido "Moma" e Alianza Uhía.

Dende a emperesa queren resaltar que "para SSF son moi importantes as relacións cas comunidades locais, apoiando diversos eventos e asociacións culturáis neste caso de Carnota, buscando sempre actividades que colaboren á facer pobo e sempre baixo un prisma deportivo, cultural ou gastronómico que reúna a veciños de todas as idades". E destacan que "a escola de música cumpre sobradamente con eses valores, especialmente na sua labor de dar a oportunidade a todos os cativos da contorna, de recibir una educación complementaria e tan importante como é a musica na sua formación; e por iso que o apoio está máis que xustificado ademáis, polo bo facer con que se leva a cabo".

Comentarios