Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Prórroga de 10 anos para a piscifactoría de Stolt Sea Far Cabo Vilán

Visita institucional a piscifactoria de Cabo Vilan
Prórroga de 10 anos para a piscifactoría de Stolt Sea Far Cabo Vilán
Visita institucional esta pasada xornada de martes á piscifactoría de Cabo Vilán. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou a factoría de Stolt Sea Farm en Camariñas para trasladarlles a aprobación da súa prórroga de dez anos para seguir realizando a súa actividade, ata o 18 de febreiro de 2031, un prazo que pode ser prorrogable por prazos de igual ou inferior duración sen superar o 18 de febreiro de 2071.
 
Trenor valorou a prórroga a esta empresa, líder mundial na industria da acuicultura de peixes planos, como unha moi boa noticia para toda a comarca pola riqueza que xeran as súas instalacións. A granxa ocupa unha superficie de 705 m2 en dominio público marítimo-terrestre así como 87.000 m2 de dominio privado. Produce unha media de cerca de 1.200 toneladas ó ano de rodaballo, linguado e linguado con pintas. É unha das granxas con máis produción do grupo grazas a que capta o auga en mar aberto e en profundidade. Isto a fai axeitada para o cultivo rodaballo de maior tamaño e peso medio, pois permite que os peixes soporten mellor as temperaturas do verán, que coincide co seu momento de madurez sexual. Emprega a unha media de 32 traballadores en Cabo Vilano, todos naturais e residentes en Camariñas e Carnota. Máis do 90% dos contratos son indefinidos.
 
A súa posición no mercado é unha proba máis de que Galicia é un dos mellores lugares do mundo para a acuicultura, como demostra o feito de que o sector facturase o ano pasado 256 millóns de euros, un 10 % máis que no 2021. En concreto, os peixes de cultivo concentraron máis do 35 % do valor total malia representar menos do 5 % da produción. Nesas cifras van incluídas as do rodaballo -o 100 % da produción española é galega- e o linguado, especies que se crían en Camariñas.
 
 
 

Comentarios