Venres. 29.03.2024
El tiempo

15 anos: “Gracias ao Centro Comercial Finisterrae o pequeno comercio mantense vivo”

15 anos: “Gracias ao Centro Comercial Finisterrae o pequeno comercio mantense vivo”
Centro Comercial Finisterrae 15 anos xuntios O Centro Comercial Finisterrae cumpre 15 anos xuntios 15 anos non pasan de balde. E se non que llo pregunten aos poucos comercios que levan tanto tempo en activo. Un dos poucos establecementos que segue vivo, e que xa a día de hoxe, nesta aldea de consumo global na que vivimos, se pode chamar “pequeno comercio” ou “comercio local”, é o Centro Comercial Finisterrae. Xa dende o primeiro día foi o centro neurálxico das comarcas de Soneira, Fisterra, Carnota-Muros e parte da montaña, mantendo a vila da Xunqueira como auténtico punto de encontro. Agora cumple 15 anos, e quere celebralo invitándote a participar nunha Festa Infantil o vindeiro sábado 1 de decembro. Ademais haberá un Dj, pinchos e viños, sorpresas e moitos regalos. Pero para coñecer como foron estes 15 anos, queremos falar con Jaime Casais, xerente do Centro. Jaime Casais no centro Jaime Casais no centro, facendo entrega duns premios no Centro Comercial Finisterrae
  • QPC: 15 anos son moitos…
15 anos, dise rápido. Moitos non apostaban por tanto. De feito, moitos non nos daban nin 5 anos, e aí estamos e aí seguiremos. Contoume meu irmán, que foi o creador, que había moito escepticismo, pensábase que ía perxudircar aos demais comercios, e ao revés, gracias a el, todo o comercio concentrouse arredor do CCF en lugar de desaparecer. O feito de ter cines nunha vila coma esta, que non o teñen en grandes vilas, é unha cousa que dá valor engadido.
  • QPC: Nestes días de consumismo a nivel global, como valora o estado de saúde do comercio local?
Si, internet está sendo unha faena para o pequeno comercio, pero ten que facernos mellorar os servizos, e poñernos ao día tamén nós con internet. Outra das cousas que hai que facer para adaptarse aos novos tempos é renovar a oferta, como se fan nos catálogos virtuais. O Centro, agora estamos nun 90% de ocupación, pero non podemos baixar de aí. O noso estado normal é o 95%. Se nos comparamos co Centro Comercial Aberto de Carballo, estamos de marabilla, pero eu prefiro compararme cos da Coruña, por exemplo cos Rosales, porque lle teño cariño, e ten un nivel de ocupación máis baixo que o noso. É dicir, que o estado de saúde do comercio ceense tampouco é para tirar cohetes, pero comparándonos non é tan malo.
  • QPC: Que tipo de comercios funcionan mellor na nosa zona?
Noto que pequenas empresas que teñen varias oficinas a nivel galego son as que mellor funcionan. O que sofre máis é o pequeno empresario que monta unha tenda, para autoempregarse as cadenas pequenas pero a nivel galego son as que funcionan mellor. Teñen máis variedade, mellores prezos, porque moitas delas teñen fábrica propia.
  • QPC: Que cousas lembras con máis ilusión?
Cada aniversario faime especial ilusión, porque serve para lembrarnos estamos pelexando cada día. Un que si que lembro especilamente foi o 10º estabamos, cando estabamos cunha moi boa ocupación, e mesmo puidemos sortear un coche. Esperamos poder mellorar aquelo para o 20 aniversario.

Comentarios