![deputacion-cee]()
A Deputación da Coruña acaba de renovar o seu compromiso coa Casa da Cultura de Cee a través dun novo convenio co concello.
Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, firmou un convenio con Zaira Rodríguez, alcaldesa de Cee, co se financiará o equipamento necesario para a posta en marcha das instalacións.
Nesta ocasión, a Deputación achegará
84.579 euros para a adquisición de
348 butacas para o auditorio, o que supón o 100% do orzamento. Os asentos deben ser desmontables, abatibles por gravidades, tapizados, e con respaldo de madeira, entre outras características. Ademais, con esta partida tamén se comprará unha cadeira xiratoria para a cabina de son e iluminación.
Iníciase así a segunda fase do proxecto, que se terá que completar nun futuro con outras obras complementarias.
Zaira Rodríguez cree que este novo acordo dará o
"empurrón definitivo" a un centro "crucial" para a vila e polo que se levaban anos esperando.