Venres. 29.03.2024
El tiempo

52 comercios de Cee únense por Nadal

sorteonadalcomerciocee
52 comercios de Cee únense por Nadal

Nacía como unha conversa de bar, pero uns polos outros, moito boca a boca, e son xa 52 os comercios que participan na campaña de Nadal do Comercio Local de Cee. Baixo a etiqueta #sorteocomerciocee os comercios participantes están realizando o sorteo, a través do instagram, de tres lotes de produtos cedidos polas casas.

Hai dende galletas, produtos de beleza, libros, vales para consumir en tendas de roupa, unha sartén, chuches... Ata unha planta!” Cómpre darlle a “gústame” nalgunha das publicacións das casas e facer un comentario (cantas máis pinchedes máis posibilidades tendes de gañar).

Tendes ata o sábado 2 de xaeiro ás 23:59, e @s gañador@s coñeceranse o domingo 3 a través das stories de todas as contas.

Todo isto serve para apoiar o comercio local, un dos grandes protagonistas deste Nadal.

Comentarios